# Proposta de actividades de Melisa no 2020 para o Convenio de Colaboración ![](https://i.imgur.com/isWNPZI.jpg) Convenio de Colaboración entre as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre e a Xunta de Galicia --- ## Radio comunitaria no Centro penitenciario de Monterroso. ![](https://i.imgur.com/Nhq8saA.png) * Descrición Continuación das actividades que empezaron no 2018 no Centro Penitenciario de Monterroso, no que se formou a varios internos para a creación de varios programas de podcasting. Neste ano 2020, buscamos poder crear unha radio comunitaria cos internos no Centro Penitenciario. Este é un proxecto colaborativo entre varias asociacións e grupos: Asociación Melisa, Asociación Aliad Ultreia, CUAC FM (Radio Comunitaria de A Coruña) e Grupo de investigación SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela. A Asociación Melisa aportará o seus coñecementos técnicos con ferramentas libres para as labores de gravación, edición e emisión dos programas e colaborará na formación dos internos. * Obxectivos Dotar aos asistentes dos obradoiros dos coñecementos técnicos necesarios para montar unha radio con tecnoloxías libres e abertas, ademais dos coñecementos necesarios para preparar os programas de radio, locutar, editar e gravar o son e facer emisións en directo. * Orzamento ## Formación e axuda técnica na escola do Centro penitenciario de Monterroso sobre gravacións de voz con Audacity. ![](https://i.imgur.com/E0Xu5fg.png) * Descrición A escola do Centro Penitenciario de Monterroso tamén quere colaborar no proxecto da Radio Comunitaria do centro e pediunos axuda para capacitarse na gravación e edición de voz, coa intención de utilizar as gravacións para a radio comunitaria. * Obxectivos Formar a xente da escola para que sexan capaces de gravar contidos de voz, e editalos con ferramentas libres como é Audacity. * Orzamento Dietas por desprazamento ## Formación para CODIX en Centros Penitenciarios de Galicia ![](https://i.imgur.com/BvcWAOA.png) * Descrición No CP de Monterroso existe unha aula de informática que é necesario revisar de xeito periódico e facer mantemento software dos sistemas operativos e aplicativos instalados. Durante o ano 2020 é necesario realizar unha comprobación do estado dos diferentes equipos informáticos, así como do propio servidor que é onde se aloxa a aula virtual (Moodle). Adicionalmente, preténdese iniciar un tramo formativo para adquirir as competencias que establece a certificación CODIX. Aproveitando o equipamento da aula, vanse poñer en marcha aqueles cursos necesarios para a preparación de dita certificación. * Obxectivos Que os internos dos diferentes centros poidan adquirir os coñecementos básicos en ofimática, coa opción de que se poidan presentar ao exame oficial de CODIX. * Orzamento ## FLISoL 2020 A Coruña * Descrición O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e mesmo persoas que non posúen moito coñecemento informático. A entrada é gratuíta e o seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento. O evento está organizado polas diversas comunidades locais de Software Libre e desenvólvese simultaneamente con eventos nos que se instala, de maneira gratuíta e totalmente legal, software libre nas computadoras que levan os asistentes. Ademais, en forma paralela, ofrécense charlas, relatorios e talleres, sobre temáticas locais, nacionais e latinoamericanas en torno ao Software Libre, en toda a súa gama de expresións: artística, académica, empresarial e social. Edición anterior organizada por Melisa: ![](https://i.imgur.com/0XcZDeS.png) Flisol 2019 A Coruña https://flisol2019acoruna.wordpress.com/ * Obxectivos O FLISoL 2020 A Coruña estará centrado en amosar ao público asistente, alternativas libres das app's e sistemas operativos para smartphones e tablets. * Orzamento ## III Xornada Software Libre Científico. Edicións campus Santiago e Lugo. * Descrición Para o ano 2020 temos que realizar a edición no campus de Lugo. Isto de xeito prioritario ao non poder realizarse no 2019. Por suposto, sen deixar de realizar a edición na Facultade de Matemáticas. * Obxectivos * Orzamento ## AudioFloss. * Descrición Unha vez creada e publicada a primeira versión de AudioFloss, vemos necesaria a realización de actividades de difusión entre os potenciais usuarios de dita ferramenta. * Obxectivos Dar a coñecer as diferentes ferramentas e usos posibles de AudioFloss entre colectivos interesados no seu uso. * Orzamento ## Colaboración na VII Xornada de Usuarios de R en Galicia * Descrición Ao igual que en edicións anteriores, Melisa colabora na organización desta xornada. A maiores dos traballos realizados polo Comité Científico, faremos labores de promoción da xornada ao longo do primeiro semestre. Na edición anterior, organizamos un concurso R que se presentou durante a xornada do 10 de outubro. Para conseguir que este concurso poida continuar en próximas edicións, faremos actividades de difusión do mesmo naqueles ámbitos que consideremos máis axeitados. * Obxectivos Promocionar o uso do software estatístico R a través de actividades que vaian máis aló da celebración da xornada. * Orzamento ## Melloras en abeancos.gal * Descrición No ano 2019 presentouse o portal «obaixoulla.gal» que hereda todo o traballo realizado en abeancos.gal (e proxectos irmáns), o cal incorpora unha serie de melloras que deben trasladarse á instalación feita no 2016 para aloxar o proxecto liderado por Melisa. * Obxectivos Dar continuidade ao proxecto abeancos.gal, e seguir avanzando na liberación de contidos relacionados co patrimonio da comarca da Terra de Melide. * Orzamento ## Cóntame un conto!. Memoria histórica do noso pobo. Repositorio libre de cantigas populares, lendas e feitizos. * Descrición Durante o ano 2019, só se puido realizar a compra do material necesario para a gravación dos elementos do catálogo, polo que durante o ano 2020 vaise retomar esta actividade. Creación e posta en marcha dun catálogo dixital aberto de cantigas populares, lendas e fietizos. A primeira fase (ou fase piloto) deenvolverase no Concello de A Pontenova. Todos os elementos catalogados contarán coa documentación necesaria, e estarán xeolocalizados usando mapas libres. * Obxectivos Recoller nun repositorio libre unha colección de contos, cantigas populares, lendas e fietizos, para que non desaparezan co paso do tempo. A forma de traballo será a través dunha pequena entrevista a persoas que habitan no concello de A Pontenova e posteriormente gravar unha historia, e por último publicala na web do proxecto. O obxectivo final é crear un audio libro formado por contos do noso pobo para que non desaparezan. Todas as persoas participantes terán unha ficha nunha páxina web e estarán xeolocalizadas. Ademáis, coa a riqueza dos audios teremos unha fonte de datos das distintas formas de pronuncia e entonación do galego segundo a zona de orixe. * Orzamento