# XA SOMOS REDE! ![](https://i.imgur.com/IvNbAZk.png) En novembro de 2020 lanzouse un convite a todas as entidades que traballamos nas prisións galegas para reunirnos e valorar a conformación dunha rede que fortalecese o noso traballo nas prisións. Froito dese primeiro encontro, o 28 de xaneiro de 2021 xurde a **Rede Galega de Educacións en Prisión**, co obxectivo de reivindicar o potencial da educación como dereito e como necesidade, non só para mellorar a calidade de vida das persoas, senón para transformar positivamente os contextos sociais dos que forman parte, neste caso as prisións. A primeira das accións que estamos a impulsar é a elaboración dun escrito que poña en valor o traballo realizado polas entidades externas, e que traslade a nosas propostas de cara á mellora das condicións nas que desenvolvemos o noso traballo en prisión. E falamos en termo de propostas porque ese é a orientación que lle quixemos dar a este documento, unha visión propositiva que desvele posibilidades de mellora, que busque consolidar estratexias de comunicación e coordinación que se puxeron en marcha durante a pandemia e nos gustaría que se mantivesen e reforzasen, e á súa vez identificar novas liñas sobre as que ir avanzando para superar dificultades sentidas polas entidades que formamos parte da Rede. Actualmente a Rede a conformamos a Asociación Aliad Ultreia, Asociación APES, Asociación Érguete, Asociación Ferrolana de Drogodependencias Asfedro, Asociación Melisa, Asociación Penitenciaria Concepción Arenal e o Grupo de investigación SEPA da USC. Somos conscientes de que somos moitas máis as entidades que traballamos dentro das prisións, así que esperamos que pronto medre esa rede!!!